[Galician] [Colaboración] Axuda na tradución e revisión de varios proxectos

Lucía Paz lutxinha2004 en yahoo.es
Mar Xan 31 12:45:45 PST 2012


Ola Keko

Vexo que hai bastante por facer. Eu estes días si que podo adicarlle 
algo de tempo, así que me ofrezo voluntaria para o Firefox Flicks (ou 
calquera outro...)

Un saúdo

Lucía


En 31/01/2012 21:03, Enrique Estévez Fernández escribiu:
> Ola a todos.
>
> Preciso axuda para traducir unha serie de proxectos ou polo menos
> revisar o que xa está traducido.
>
> Como podedes comprobar na seguinte ligazón, hai moito choio pendente de facer.
>
> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
> http://l10n.mozilla-community.org/webdashboard/?locale=gl
>
> Isto pasa cada 6 semanas, xa que hai lanzamento de versións novas dos
> produtos de Mozilla.
>
> https://wiki.mozilla.org/Releases
>
> Desta vez xuntase choio con páxinas web e que eu xa non estou
> traballando na USC na OSL, co que agora non teño un porcentaxe da miña
> xornada laboral para traducir e por riba estou de vacacións (de viaxe
> nestes momentos).
>
> Precisase axuda para rematar de traducir o proxecto Firefox Flicks, o
> proxecto xa está creado e iniciado en OmegaT. Se hai algún voluntario,
> pásolle o proxecto e só ten que rematar o que falta.
>
> https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=709187
>
> Podedes comprobar o que xa está traducido e o que non. Xa solicitei
> axuda noutro momento e a ninguén lle interesou.
> http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/
> http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/faq/
> http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/brief/
>
> Temos outro proxecto para traducir. Sería unha páxina que lle indica
> aos usuarios da versión 3.1 de Thunderbird que quedan sen soporte e
> que debería migrar. Soamente unha páxina web. Crearíavos o proxecto en
> OmegaT e só teríades que traducir ese ficheiro.
> https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=721970
> A páxina que hai que traducir:
> http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/3.1/starteol
>
> O outro bug xa me encargou eu porque é/era urxente. E as
> actualizacións das interfaces dos produtos igual, xa que simplemente é
> seguir os bugs e copiar as traducións. Pero terá que esperar ata o
> luns.
>
> En Verbatim, tamén temos a tradución do proxecto BrowserID, iniciada e
> que nalgún momento precisará revisión, xa que o vou traducir o máis
> axiña posíbel porque parece urxente.
>
> Espero a vosa colaboración. Non son urxentísimas as traducións, pero
> tampouco podemos estar máis dunha semana ou 10 días sen resolvelos.
>
> Sigo buscando voluntarios que se queiran encargar de proxectos en
> firme e de que se responsabilizan da súa xestión por completo.
>
> Saúdos.
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician