[Galician] [Colaboración] Axuda na tradución e revisión de varios proxectos

Enrique Estévez Fernández eu en keko.me
Mar Xan 31 12:03:19 PST 2012


Ola a todos.

Preciso axuda para traducir unha serie de proxectos ou polo menos
revisar o que xa está traducido.

Como podedes comprobar na seguinte ligazón, hai moito choio pendente de facer.

https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
http://l10n.mozilla-community.org/webdashboard/?locale=gl

Isto pasa cada 6 semanas, xa que hai lanzamento de versións novas dos
produtos de Mozilla.

https://wiki.mozilla.org/Releases

Desta vez xuntase choio con páxinas web e que eu xa non estou
traballando na USC na OSL, co que agora non teño un porcentaxe da miña
xornada laboral para traducir e por riba estou de vacacións (de viaxe
nestes momentos).

Precisase axuda para rematar de traducir o proxecto Firefox Flicks, o
proxecto xa está creado e iniciado en OmegaT. Se hai algún voluntario,
pásolle o proxecto e só ten que rematar o que falta.

https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=709187

Podedes comprobar o que xa está traducido e o que non. Xa solicitei
axuda noutro momento e a ninguén lle interesou.
http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/
http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/faq/
http://www-dev.allizom.org/gl/firefoxflicks/brief/

Temos outro proxecto para traducir. Sería unha páxina que lle indica
aos usuarios da versión 3.1 de Thunderbird que quedan sen soporte e
que debería migrar. Soamente unha páxina web. Crearíavos o proxecto en
OmegaT e só teríades que traducir ese ficheiro.
https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=721970
A páxina que hai que traducir:
http://www-stage.mozilla.org/gl/thunderbird/3.1/starteol

O outro bug xa me encargou eu porque é/era urxente. E as
actualizacións das interfaces dos produtos igual, xa que simplemente é
seguir os bugs e copiar as traducións. Pero terá que esperar ata o
luns.

En Verbatim, tamén temos a tradución do proxecto BrowserID, iniciada e
que nalgún momento precisará revisión, xa que o vou traducir o máis
axiña posíbel porque parece urxente.

Espero a vosa colaboración. Non son urxentísimas as traducións, pero
tampouco podemos estar máis dunha semana ou 10 días sen resolvelos.

Sigo buscando voluntarios que se queiran encargar de proxectos en
firme e de que se responsabilizan da súa xestión por completo.

Saúdos.