[Galician] [URXE] Revisión da tradución das páxinas O estado de Mozilla

Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com
Xov Out 6 05:21:20 PDT 2011


Ola.

Moitas grazas pola suxestións. Tan pronto poido xa as aplico.

Acaban de confirmarme que se apraza o lanzamento ata o Monday
(sábado,non si). Gañamos algo de tempo.

A páxina das oportunities non está traducida, só os títulos. Preciso axuda.

Saúdos.

2011/10/6 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> 2011/10/5 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
>> Boas.
>>
>> (A rolda parecde que estivo caída e comentouse a tradución do proxecto
>> na rolda do proxecto Trasno)
>>
>> Primeiro de nada, moitas grazas a Lucía pola man que botou coa páxina da FAQ.
>>
>> En segundo lugar, comentar que a tradución foi moi rápida e literal.
>> Nalgún momento tívose que botar man da tradución do castelán, que
>> seguro que tamén foi rápida como a nosa, xa que o tempo apremia, xa
>> que mañá ás 16 da tarde lanzan o proxecto. Por is precisa revisión.
>>
>> Aínda nos falta por traducir a páxina das oportunidades. Agradecese a
>> tradución dos parágrafos e que os enviades no propio correo. Parágrafo
>> en inglés e a continuación en galego.
>>
>> Ahí quedan as ligazóns as páxinas en galego:
>>
>> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/
>
> "Invitámolo a que obteñas máis información sobre o Proxecto Mozilla e
> que te unas a nós nos continuos esforzos para construír unha Internet
> mellor." (Estas frases rompen a coherencia de tratar ao usuario de
> vd.)
>
>
>> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/opportunities/
>
> Nesta só están traducidos os títulos.
>
>> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/people/ (a próxima vez temos que aparecer nesta páxina :D
>
> "No mundo de Mozilla, as persoas sono todo." -> as persoas o son todo.
> Middle East -> Oriente Próximo
> "Ammán" -> Amán
> "Grazas ao entusiasmo e a paixón desta comunidade, Firefox goza da
> maior cota de mercado do mundo en Indonesia." >eu cambiaría por> ...,
> en Indonesia Firefox goza da maior cota de mercado do mundo.
>
>
>> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/ahead/
>
> "unha comunidade de centos de desenvolvedores, enxeñeiros, estudantes,
> artistas, emprendedores e outros tantos" >eu cambiaría por> e outros
> moitos
> "Precisará de todos nos" -> nós
> "Busca o teu lugar e únete a nos." -> Busque o seu lugar e únase a nós.
>
>> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/faq/
>
> "Actualmente temos acordos cun número de provedores de busca que
> difire polo mercado." Que quere dicir esta frase?
> "ds relacións" -> das
>
>
>>
>> Ao fondo da páxina hai un selector para ver a páxina noutros idiomas.
>> Creo que o vídeo que hai na páxina de futuro (ahead) estase traducindo
>> e Universal subtítulos, se alguén se anima, agradecese.
>>
>> O dito, un que non dá para máis, xa que tamén tiven que actualizar os
>> repositorios.
>> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
>> A ver o que tardan en meter máis traballo. Ao final houbo sorte e as
>> cadeas aínda son iguais da versión de Calendar que tiñamos nas tres
>> ramas que hai agora co ciclo rápido de desenvolvemento, co que podemos
>> partir de cero. Así será máis fácil mantelo.
>>
>> Saúdos.
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>