[Galician] [URXE] Revisión da tradución das páxinas O estado de Mozilla

ifrit ifrit en sonche.eu
Xov Out 6 04:12:25 PDT 2011


2011/10/5 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
> Boas.
>
> (A rolda parecde que estivo caída e comentouse a tradución do proxecto
> na rolda do proxecto Trasno)
>
> Primeiro de nada, moitas grazas a Lucía pola man que botou coa páxina da FAQ.
>
> En segundo lugar, comentar que a tradución foi moi rápida e literal.
> Nalgún momento tívose que botar man da tradución do castelán, que
> seguro que tamén foi rápida como a nosa, xa que o tempo apremia, xa
> que mañá ás 16 da tarde lanzan o proxecto. Por is precisa revisión.
>
> Aínda nos falta por traducir a páxina das oportunidades. Agradecese a
> tradución dos parágrafos e que os enviades no propio correo. Parágrafo
> en inglés e a continuación en galego.
>
> Ahí quedan as ligazóns as páxinas en galego:
>
> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/

"Invitámolo a que obteñas máis información sobre o Proxecto Mozilla e
que te unas a nós nos continuos esforzos para construír unha Internet
mellor." (Estas frases rompen a coherencia de tratar ao usuario de
vd.)


> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/opportunities/

Nesta só están traducidos os títulos.

> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/people/ (a próxima vez temos que aparecer nesta páxina :D

"No mundo de Mozilla, as persoas sono todo." -> as persoas o son todo.
Middle East -> Oriente Próximo
"Ammán" -> Amán
"Grazas ao entusiasmo e a paixón desta comunidade, Firefox goza da
maior cota de mercado do mundo en Indonesia." >eu cambiaría por> ...,
en Indonesia Firefox goza da maior cota de mercado do mundo.


> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/ahead/

"unha comunidade de centos de desenvolvedores, enxeñeiros, estudantes,
artistas, emprendedores e outros tantos" >eu cambiaría por> e outros
moitos
"Precisará de todos nos" -> nós
"Busca o teu lugar e únete a nos." -> Busque o seu lugar e únase a nós.

> http://www-dev.allizom.org/gl/foundation/annualreport/2010/faq/

"Actualmente temos acordos cun número de provedores de busca que
difire polo mercado." Que quere dicir esta frase?
"ds relacións" -> das


>
> Ao fondo da páxina hai un selector para ver a páxina noutros idiomas.
> Creo que o vídeo que hai na páxina de futuro (ahead) estase traducindo
> e Universal subtítulos, se alguén se anima, agradecese.
>
> O dito, un que non dá para máis, xa que tamén tiven que actualizar os
> repositorios.
> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
> A ver o que tardan en meter máis traballo. Ao final houbo sorte e as
> cadeas aínda son iguais da versión de Calendar que tiñamos nas tres
> ramas que hai agora co ciclo rápido de desenvolvemento, co que podemos
> partir de cero. Así será máis fácil mantelo.
>
> Saúdos.
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
====================
http://about.me/ifrit
====================