[Galician] Decisión sobre o sitio galician.mozdev.org

Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com
Mér Out 5 22:26:17 PDT 2011


Ola.

Pois estamos ahí, parados. A ver se sacamos tempo para avanzar con este asunto.

Saúdos.

2011/10/5 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> Como vai este tema?
>
> 2011/7/26 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>> 2011/7/26 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
>>> Boas.
>>>
>>> Dade ideas. Non tiña pensado nada concreto, pero unha páxina de
>>> desargas dos proxectos en galego, un quen somos, como colaborar e o
>>> censo (daquel que non lle importe aparecer e o tipo de participación
>>> no proxecto). Aparte dunha zona de axuda ou documentación.
>>>
>>> Pouco máis. O que iría de entrada, nin idea. O
>>
>> Habería que ter ligazóns para as descargas das últimas versións (ben
>> visibles nada máis cargar a páxina inicial), despois habería que ter
>> novas, documentación sobre o proceso de tradución, instruccións sobre
>> como colaborar e inscribirse na rolda de correo, ligazón aos arquivos
>> da rolda, algo de información sobre os colaboradores históricos e
>> actuais e a historia de tradución de Mozilla e derivados ao galego,
>> quizais poñer nalgún panel un choio para mostrar as últimas mensaxes
>> no twitter (ou semellantes) sobre firefox en galego, vídeos
>> promocionais (os que se acaban de traducir), ...
>>
>> Non entro máis aló na disposición de todo isto nas páxinas, pero as
>> novas e as ligazóns de descarga e á información sobre como colaborar
>> deberían estar ben visibles.
>>
>> Ben, déixovos e vou ver se sigo con proxecto, que xa bastante tempo perdín hoxe.
>>
>> Deica
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
>
> --
> ====================
> http://about.me/ifrit
> ====================
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>