[Galician] Decisión sobre o sitio galician.mozdev.org

ifrit ifrit en sonche.eu
Mér Out 5 14:54:11 PDT 2011


Como vai este tema?

2011/7/26 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> 2011/7/26 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>:
>> Boas.
>>
>> Dade ideas. Non tiña pensado nada concreto, pero unha páxina de
>> desargas dos proxectos en galego, un quen somos, como colaborar e o
>> censo (daquel que non lle importe aparecer e o tipo de participación
>> no proxecto). Aparte dunha zona de axuda ou documentación.
>>
>> Pouco máis. O que iría de entrada, nin idea. O
>
> Habería que ter ligazóns para as descargas das últimas versións (ben
> visibles nada máis cargar a páxina inicial), despois habería que ter
> novas, documentación sobre o proceso de tradución, instruccións sobre
> como colaborar e inscribirse na rolda de correo, ligazón aos arquivos
> da rolda, algo de información sobre os colaboradores históricos e
> actuais e a historia de tradución de Mozilla e derivados ao galego,
> quizais poñer nalgún panel un choio para mostrar as últimas mensaxes
> no twitter (ou semellantes) sobre firefox en galego, vídeos
> promocionais (os que se acaban de traducir), ...
>
> Non entro máis aló na disposición de todo isto nas páxinas, pero as
> novas e as ligazóns de descarga e á información sobre como colaborar
> deberían estar ben visibles.
>
> Ben, déixovos e vou ver se sigo con proxecto, que xa bastante tempo perdín hoxe.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
====================
http://about.me/ifrit
====================