[Galician] Probando lightning en galego

keko.gl eu en keko.me
Sab Ago 6 14:26:49 PDT 2011


Ola.

Eu teño instalado o Thunderbird 5.0, pero descargado desde o ftp, co que 
realmente non o teño instalado, simplemente fago dobre clic no ficheiro 
executábel. E se vou ao menú Axuda e premo en Sobre dime que está 
actualizada a versión que teño.

Antes de instalar o Thunderbird instalei o complemento Quick Locale 
Switcher 1.7.5, xa non me acordo para que ou si xa ben instalado nesta 
versión, pero o certo é que está ahí.

Descargueime o ficheiro .xpi que vos indiquei na ligazón e desde o 
xestor de complemento, prema na icona das ferramentas e dígolle instalar 
complemente desde un ficheiro e saeme o selector do ficheiro. Selecciono 
e aos poucos segundos saeme o de se quero instalar un complemento non 
confiábel. Dígolle que si e xa me di que para rematar a instalación 
reinicie o Thunderbird. Reinicio e xa aparece nos menús a maiores. Está 
traducido e hai algunha cousa mellorábel. De entrada xa corrixín dous 
atallos de teclado que non aparecían na letra do menú e poñíao ao lado 
en plan Evento (F) e non quedaba nada ven. Corrixín onde cría que era. 
Ata a próxima compilación que será hoxe a noite non podo saber se atinei.

Probei a instalalo no Thunderbird 8.x.x algo e non ía, decía que non 
eran compatíbeis. Aquí non puiden instalar o quick locale switcher, non 
mo atopou o xestor de complementos.

Proba con outras versións e a ver se hai sorte.

Saúdos.

En 06/08/11 22:30, damufo escribiu:
> Boas:
> Grazas, non son quen de instalar a extensión no thunderbird 5.0 di que 
> a versión non é compatible.
> Probei a mudar a versión o ficheiro install.rdf e segue sen ir, 
> algunha idea?
>
> En 2011/08/06 17:10, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>> Boas.
>>
>> Xa está traducido o Lightning ao galego. A ver canto tardo en que o
>> collan de forma oficial. Podedes probalo como extensión para o
>> Thunderbird descargándoo desde aquí:
>>
>> http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/calendar/lightning/nightly/latest-comm-miramar-l10n/linux-xpi/ 
>>
>>
>> Xa atopei algún fallo que espero resolver ao longo do fin de semana.
>> As tradución son mellorábeis pero corría présa para que os de Ubuntu
>> metan a versión traducida na versión 11.10 que traerá por defecto
>> Thunderbird (ista foi a principal motivación da recuperación da
>> tradución deste proxecto).
>>
>> Saúdos.
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician