[Galician] Estado dos produtos Mozilla

damufo damufo en gmail.com
Mar Ago 2 02:56:20 PDT 2011


Boas:
Xa me supuña.
Que se traduza así non quere dicir que sexa o correcto.
Aínda que en determinados contextos a tradución pode ser correcta, 
explícome:
Polo que entendín un evento é un acontecemento, suceso imprevisto. 
Entendido así, un erro, un aviso serían eventos. O uso errado de evento, 
entendo eu, viría por chamarlle evento a algo predecíbel e que se vai 
indicar nun calendario.

Ollo, a fonte é en español ao mellor en galego non se da tal distinción. 
Tamén habería que ver como o traducen os franceses, portugueses, 
italianos...
Hai forma simple de ver a tradución de event en calendar nos idiomas que 
acabo de comentar?




En 2011/08/02 10:00, Enrique Estévez Fernández escribiu:
> Boas.
>
> En principio event estase traducindo como evento. Unha busca en
> open-tran arroxa que os outros proxectos empregan dita tradución.
>
> http://en.gl.open-tran.eu/suggest/event
>
> Non sei se se tratou nalgunha trasnada ou se está apuntada para
> discutir a súa tradución. Haberá que preguntalo na rolda de Trasno e
> haber que di por alí a xente.
>
> Saúdos.
>
> 2011/8/2 damufo<damufo  gmail.com>:
>> Boas:
>>
>> Non sei como está a tradución pero comento isto por se é relevante
>> Aquí hai unha lista de falsos amigos en español(moi interesante por certo),
>> nela está "event"
>>
>> Event     Evento(falso amigo)     Suceso, acontecimiento (evento en español
>> se refiere a una eventualidad, un hecho imprevisto)
>>
>> Non sei se en galego é o mesmo caso.
>>
>>
>> En 2011/08/01 14:07, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>> Boas a todos.
>>>
>>> Nestes momentos xa estamos a piques de ter ao día todos os proxectos
>>> de Mozilla, polo menos o que se refire aos aplicativos. Espero que
>>> isto me deixe tempo para organizar o traballo.
>>>
>>> Como podedes ver na ligazón:
>>> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
>>>
>>> Estamos OK en todo menos en Calendar. Xa fai unhas semanas que comecei
>>> a súa recuperación e a semana pasada compartín un ficheiro para que a
>>> xente de Trasno botara unha man, xa que nel había moita terminoloxía
>>> que fixar que acepta a todos os proxectos de galeguización. Tratase
>>> dos fusos horarios. Ao longo desta semana compartirei o ficheiro en
>>> cuestión nun correo na rolda de galician.mozdev e a ver se alguén se
>>> anima, aínda que non fixemos terminoloxía, podemos temporalmente
>>> traducilo para completar a tradución de Calendar a espera de unificar
>>> as traducións nos diferentes proxectos da comunidade galega.
>>>
>>> Como xa sabedes, tanto na comunidade galega de mozilla como en Trasno,
>>> estamos a espera de montar o novo sitio da comunidade galega de
>>> localización de mozilla nos servidores de Trasno como un subdominio de
>>> trasno.net (mozilla.trasno.net). Espero que nos próximos días podamos
>>> comezar a levantar o novo sitio e darlle visibilidade a nosa
>>> comunidade.
>>>
>>> Saúdos a todos.
>>> _______________________________________________
>>> Galician mailing list
>>> Galician  mozdev.org
>>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician  mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician  mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician