[Galician] Estado dos produtos Mozilla

Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com
Mar Ago 2 01:00:18 PDT 2011


Boas.

En principio event estase traducindo como evento. Unha busca en
open-tran arroxa que os outros proxectos empregan dita tradución.

http://en.gl.open-tran.eu/suggest/event

Non sei se se tratou nalgunha trasnada ou se está apuntada para
discutir a súa tradución. Haberá que preguntalo na rolda de Trasno e
haber que di por alí a xente.

Saúdos.

2011/8/2 damufo <damufo en gmail.com>:
> Boas:
>
> Non sei como está a tradución pero comento isto por se é relevante
> Aquí hai unha lista de falsos amigos en español(moi interesante por certo),
> nela está "event"
>
> Event     Evento(falso amigo)     Suceso, acontecimiento (evento en español
> se refiere a una eventualidad, un hecho imprevisto)
>
> Non sei se en galego é o mesmo caso.
>
>
> En 2011/08/01 14:07, Enrique Estévez Fernández escribiu:
>>
>> Boas a todos.
>>
>> Nestes momentos xa estamos a piques de ter ao día todos os proxectos
>> de Mozilla, polo menos o que se refire aos aplicativos. Espero que
>> isto me deixe tempo para organizar o traballo.
>>
>> Como podedes ver na ligazón:
>> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
>>
>> Estamos OK en todo menos en Calendar. Xa fai unhas semanas que comecei
>> a súa recuperación e a semana pasada compartín un ficheiro para que a
>> xente de Trasno botara unha man, xa que nel había moita terminoloxía
>> que fixar que acepta a todos os proxectos de galeguización. Tratase
>> dos fusos horarios. Ao longo desta semana compartirei o ficheiro en
>> cuestión nun correo na rolda de galician.mozdev e a ver se alguén se
>> anima, aínda que non fixemos terminoloxía, podemos temporalmente
>> traducilo para completar a tradución de Calendar a espera de unificar
>> as traducións nos diferentes proxectos da comunidade galega.
>>
>> Como xa sabedes, tanto na comunidade galega de mozilla como en Trasno,
>> estamos a espera de montar o novo sitio da comunidade galega de
>> localización de mozilla nos servidores de Trasno como un subdominio de
>> trasno.net (mozilla.trasno.net). Espero que nos próximos días podamos
>> comezar a levantar o novo sitio e darlle visibilidade a nosa
>> comunidade.
>>
>> Saúdos a todos.
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>