[Galician] Estado dos produtos Mozilla

ifrit ifrit en sonche.eu
Lun Ago 1 05:19:32 PDT 2011


Parabén unha vez máis por todo o traballo que fas ;)

http://twitter.com/#!/mozilla_gl/status/98004498412347392

Unha aperta,
ifrit

2011/8/1 Enrique Estévez Fernández <eu en keko.me>:
> Boas a todos.
>
> Nestes momentos xa estamos a piques de ter ao día todos os proxectos
> de Mozilla, polo menos o que se refire aos aplicativos. Espero que
> isto me deixe tempo para organizar o traballo.
>
> Como podedes ver na ligazón:
> https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl
>
> Estamos OK en todo menos en Calendar. Xa fai unhas semanas que comecei
> a súa recuperación e a semana pasada compartín un ficheiro para que a
> xente de Trasno botara unha man, xa que nel había moita terminoloxía
> que fixar que acepta a todos os proxectos de galeguización. Tratase
> dos fusos horarios. Ao longo desta semana compartirei o ficheiro en
> cuestión nun correo na rolda de galician.mozdev e a ver se alguén se
> anima, aínda que non fixemos terminoloxía, podemos temporalmente
> traducilo para completar a tradución de Calendar a espera de unificar
> as traducións nos diferentes proxectos da comunidade galega.
>
> Como xa sabedes, tanto na comunidade galega de mozilla como en Trasno,
> estamos a espera de montar o novo sitio da comunidade galega de
> localización de mozilla nos servidores de Trasno como un subdominio de
> trasno.net (mozilla.trasno.net). Espero que nos próximos días podamos
> comezar a levantar o novo sitio e darlle visibilidade a nosa
> comunidade.
>
> Saúdos a todos.
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>



-- 
====================
http://about.me/ifrit
====================