[Galician] Estado dos produtos Mozilla

Enrique Estévez Fernández eu en keko.me
Lun Ago 1 05:07:15 PDT 2011


Boas a todos.

Nestes momentos xa estamos a piques de ter ao día todos os proxectos
de Mozilla, polo menos o que se refire aos aplicativos. Espero que
isto me deixe tempo para organizar o traballo.

Como podedes ver na ligazón:
https://l10n-stage-sj.mozilla.org/shipping/dashboard?locale=gl

Estamos OK en todo menos en Calendar. Xa fai unhas semanas que comecei
a súa recuperación e a semana pasada compartín un ficheiro para que a
xente de Trasno botara unha man, xa que nel había moita terminoloxía
que fixar que acepta a todos os proxectos de galeguización. Tratase
dos fusos horarios. Ao longo desta semana compartirei o ficheiro en
cuestión nun correo na rolda de galician.mozdev e a ver se alguén se
anima, aínda que non fixemos terminoloxía, podemos temporalmente
traducilo para completar a tradución de Calendar a espera de unificar
as traducións nos diferentes proxectos da comunidade galega.

Como xa sabedes, tanto na comunidade galega de mozilla como en Trasno,
estamos a espera de montar o novo sitio da comunidade galega de
localización de mozilla nos servidores de Trasno como un subdominio de
trasno.net (mozilla.trasno.net). Espero que nos próximos días podamos
comezar a levantar o novo sitio e darlle visibilidade a nosa
comunidade.

Saúdos a todos.