[Galician] Fwd: [Bug 603970] New: [gl] Firefox 4.0 productization review for Galician

marcoslansgarza en gmail.com marcoslansgarza en gmail.com
Xov Nov 18 05:21:45 PST 2010


+1

Coido que deberían ir medios en galego. A calquera usuario que queira
engadir medios en castelán ou portugués resultaralle moi doado de facer.

O Xov, 18-11-2010 ás 13:50 +0100, David Marcos Ramas escribiu:
> Eu no dos xornais non estou para nada de acordo.
> 
> Este proxecto é en base a lingua, estamos a traducir o Firefox ao
> galego, o proxecto en si existe polo galego, xira en torno ao galego,
> máis que a Galiza en si. Isto non é unha cuestión territorial, ao meu
> ver é algo lingüístico. 
> 
> Eu estou en contra de poňer xornais que non sexan en galego.
> 
> Chegados a ese punto podemos incluír calquera xornal de calquera parte
> do mundo, (incluso pasarlle o tradutor do google e xa están en
> galego), ou porque non xornais portugueses ou do mundo lusófono? 
> 
> Eu penso que a isto hai que darlle unha volta, a min non me convence
> para nada de meter moitos destes xornais. Non é unha cuestión
> territorial nin política, é algo lingüístico, pois que lingüístico
> sexa.
> 
> 
> 
> 2010/11/18 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>
>         Ola a tod en s.
>         
>         Hoxe coa axuda de Fran, atendimos un bug que cumpría, xa que o
>         meu non
>         é a programación.
>         
>         Con respecto aos motores de búsqueda:
>         
>         Eliminamos  Amazon e engadimos Toupa e o Dicionario da
>         academia,
>         aparte de ordealos. Debería quedar algo similar a captura,
>         pero cos
>         outros motores en galego ou castelán onde proceda.
>         
>         Agora estamos preguntando como facer o dos live bookmarks. A
>         idea é
>         meter periódicos representativos de galicia, en galego e que
>         representen todas as partes de forma apolítica. A primeira
>         aproximación é:
>         
>         La Voz de Galicia
>         Faro de Vigo
>         Xornal
>         Código Cero
>         A nosa Terra
>         La región
>         Opinión La Coruña
>         El Progreso
>         Chuza
>         
>         Cremos que sobran dous ou tres, pero hai que representar a
>         todo o
>         mundo. A orde sería aleatoria.
>         
>         Un saúdo.
>         
>         2010/10/14 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>         
>         > 2010/10/14 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>         >> Non sei como anda o tema, pero nos últimos meses
>         pecharon/ameazon co
>         >> peche moitos sitios galegos. Eu metería todo o que quede
>         vivo. O de
>         >> poñer á galipedia como motor de busca paréceme ben. O
>         digalego valeria
>         >> tamén?
>         >
>         > Digalego vai pasar a ser de pago. Mellor o e-Estraviz, que
>         tamén
>         > permite buscas en ILG-RAG.
>         >
>         >> _______________________________________________
>         >> Galician mailing list
>         >> Galician en mozdev.org
>         >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>         >>
>         >
>         >
>         >
>         > --
>         > ====================
>         > Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
>         > Visit our blog of fast food of the world:
>         http://capitulocerdo.blogaliza.org
>         > Visit my personal weblog: http://ifrit.blogaliza.org
>         > Visit my Street Art weblog:
>         http://scqstreetart.blogaliza.org
>         > ====================
>         > _______________________________________________
>         > Galician mailing list
>         > Galician en mozdev.org
>         > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>         >
>         
>         
>         _______________________________________________
>         Galician mailing list
>         Galician en mozdev.org
>         https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>         
> 
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician