[Galician] Fwd: [Bug 603970] New: [gl] Firefox 4.0 productization review for Galician

Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com
Xov Nov 18 04:56:55 PST 2010


Boas.

Que vamos a por periódicos sobre o galego, software libre e
tecnoloxía? Baixo o meu punto de vista deberíamos por periódicos
escritos en galicia, primando os que estean en galego (pero non
excluíndo o resto) e que sexan de interese de toda a sociedade.

Caso de uso real: Xoán é galego, fala galego e ten interese polas
novas de Galicia. As cales poden estar escritas nun diario bilingüe ou
só en galego.

Xa volo dixen, non pensedes en vos, pensade na xente. Eu de entrada
non vexo ningún deses periódicos, salvo Código Cero. E máis, é unha
suxestión que leva o Firefox, eu teño as miñas propias rss, non as
preciso, estamos aportándolle algo diferente a outros usuarios para
que non leve só as da BBC que trae o Firefox en inglés.

Un saúdo.

2010/11/18 David Marcos Ramas <davidmarcosramas en gmail.com>:
> Eu no dos xornais non estou para nada de acordo.
>
> Este proxecto é en base a lingua, estamos a traducir o Firefox ao galego, o
> proxecto en si existe polo galego, xira en torno ao galego, máis que a
> Galiza en si. Isto non é unha cuestión territorial, ao meu ver é algo
> lingüístico.
>
> Eu estou en contra de poňer xornais que non sexan en galego.
>
> Chegados a ese punto podemos incluír calquera xornal de calquera parte do
> mundo, (incluso pasarlle o tradutor do google e xa están en galego), ou
> porque non xornais portugueses ou do mundo lusófono?
>
> Eu penso que a isto hai que darlle unha volta, a min non me convence para
> nada de meter moitos destes xornais. Non é unha cuestión territorial nin
> política, é algo lingüístico, pois que lingüístico sexa.
>
>
>
> 2010/11/18 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>
>>
>> Ola a tod en s.
>>
>> Hoxe coa axuda de Fran, atendimos un bug que cumpría, xa que o meu non
>> é a programación.
>>
>> Con respecto aos motores de búsqueda:
>>
>> Eliminamos  Amazon e engadimos Toupa e o Dicionario da academia,
>> aparte de ordealos. Debería quedar algo similar a captura, pero cos
>> outros motores en galego ou castelán onde proceda.
>>
>> Agora estamos preguntando como facer o dos live bookmarks. A idea é
>> meter periódicos representativos de galicia, en galego e que
>> representen todas as partes de forma apolítica. A primeira
>> aproximación é:
>>
>> La Voz de Galicia
>> Faro de Vigo
>> Xornal
>> Código Cero
>> A nosa Terra
>> La región
>> Opinión La Coruña
>> El Progreso
>> Chuza
>>
>> Cremos que sobran dous ou tres, pero hai que representar a todo o
>> mundo. A orde sería aleatoria.
>>
>> Un saúdo.
>>
>> 2010/10/14 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
>> > 2010/10/14 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>> >> Non sei como anda o tema, pero nos últimos meses pecharon/ameazon co
>> >> peche moitos sitios galegos. Eu metería todo o que quede vivo. O de
>> >> poñer á galipedia como motor de busca paréceme ben. O digalego valeria
>> >> tamén?
>> >
>> > Digalego vai pasar a ser de pago. Mellor o e-Estraviz, que tamén
>> > permite buscas en ILG-RAG.
>> >
>> >> _______________________________________________
>> >> Galician mailing list
>> >> Galician en mozdev.org
>> >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >>
>> >
>> >
>> >
>> > --
>> > ====================
>> > Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
>> > Visit our blog of fast food of the world:
>> > http://capitulocerdo.blogaliza.org
>> > Visit my personal weblog: http://ifrit.blogaliza.org
>> > Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
>> > ====================
>> > _______________________________________________
>> > Galician mailing list
>> > Galician en mozdev.org
>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> >
>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician en mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>