[Galician] Fwd: [Bug 603970] New: [gl] Firefox 4.0 productization review for Galician

David Marcos Ramas davidmarcosramas en gmail.com
Xov Nov 18 04:50:06 PST 2010


Eu no dos xornais non estou para nada de acordo.

Este proxecto é en base a lingua, estamos a traducir o Firefox ao galego, o
proxecto en si existe polo galego, xira en torno ao galego, máis que a
Galiza en si. Isto non é unha cuestión territorial, ao meu ver é algo
lingüístico.

Eu estou en contra de poňer xornais que non sexan en galego.

Chegados a ese punto podemos incluír calquera xornal de calquera parte do
mundo, (incluso pasarlle o tradutor do google e xa están en galego), ou
porque non xornais portugueses ou do mundo lusófono?

Eu penso que a isto hai que darlle unha volta, a min non me convence para
nada de meter moitos destes xornais. Non é unha cuestión territorial nin
política, é algo lingüístico, pois que lingüístico sexa.



2010/11/18 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>

> Ola a tod en s.
>
> Hoxe coa axuda de Fran, atendimos un bug que cumpría, xa que o meu non
> é a programación.
>
> Con respecto aos motores de búsqueda:
>
> Eliminamos  Amazon e engadimos Toupa e o Dicionario da academia,
> aparte de ordealos. Debería quedar algo similar a captura, pero cos
> outros motores en galego ou castelán onde proceda.
>
> Agora estamos preguntando como facer o dos live bookmarks. A idea é
> meter periódicos representativos de galicia, en galego e que
> representen todas as partes de forma apolítica. A primeira
> aproximación é:
>
> La Voz de Galicia
> Faro de Vigo
> Xornal
> Código Cero
> A nosa Terra
> La región
> Opinión La Coruña
> El Progreso
> Chuza
>
> Cremos que sobran dous ou tres, pero hai que representar a todo o
> mundo. A orde sería aleatoria.
>
> Un saúdo.
>
> 2010/10/14 ifrit <ifrit en sonche.eu>:
> > 2010/10/14 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
> >> Non sei como anda o tema, pero nos últimos meses pecharon/ameazon co
> >> peche moitos sitios galegos. Eu metería todo o que quede vivo. O de
> >> poñer á galipedia como motor de busca paréceme ben. O digalego valeria
> >> tamén?
> >
> > Digalego vai pasar a ser de pago. Mellor o e-Estraviz, que tamén
> > permite buscas en ILG-RAG.
> >
> >> _______________________________________________
> >> Galician mailing list
> >> Galician en mozdev.org
> >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >>
> >
> >
> >
> > --
> > ====================
> > Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
> > Visit our blog of fast food of the world:
> http://capitulocerdo.blogaliza.org
> > Visit my personal weblog: http://ifrit.blogaliza.org
> > Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
> > ====================
> > _______________________________________________
> > Galician mailing list
> > Galician en mozdev.org
> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> >
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20101118/47fdff9c/attachment.html>