[Galician] Presentación

Manuel Souto Pico m.soutopico en gmail.com
Mér Mar 24 13:33:55 PDT 2010


Benvinda, Noemí.

Grazas por te unires a nós e pola túa presentación.

Así que se resolva o tema da coordinación, espero que comecemos a ter outra
vez peticións de colaboración para ficheiros concretos, e supoño que haberá
algo sinxelo co que poidas comezar.

Entre tanto, tamén te podes rexistrar no sitio www.g11n.net e nos seus
foros, aínda que está un pouco parado agora mesmo. Veremos o que pasa con
iso.

Un saúdo, Manuel


2010/3/24 Noemí Varela <noemivarela1  gmail.com>

> Ola a tod  s,
>
> Acabo de apuntarme a esta lista que non sei moi ben cómo funciona. Vexo que
> xusto me anoto cando se trata o tema do relevo na coordinación. Non dou a
> opinión sobre este tema porque considero que o meu descoñecemento do grupo
> non me permite dar unha opinión motivada.
> Gustaríame que contásedes conmigo nestre proxecto. A verdade é que non teño
> experiencia ningunha en traducións pero son teleco e teño programado en PHP
> con mysql e teño sido webmaster e penso que podería aportar algo.
>
> Saúdos e moito ánimo a tod  s
>
> Noemí
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician  mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
-------------- pr?a parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100324/e0d0b74a/attachment.html>