[Galician] Relevo na coordenación

damufo damufo en gmail.com
Lun Mar 22 10:21:22 PDT 2010


Boas:
Estou de acordo en case todo. (algo comento polo mendio)

En 2010/03/22 18:01, Manuel Souto Pico escribiu:
> Ola,
>
> En primeiro lugar, quería pedirvos que deixedes de dicir "coordenación"
> :) Coord/*i*/némonos neste aspecto, por favor.
>
> Práceme ver que Trasno se interesa pola continuidade deste proxecto e
> ver que mesmo propoñen unha persoa decidida, con ganas e enerxía e que
> parece ter bastante claro o que hai que facer ou por onde hai que tirar.
> Benvido sexa, botaba de menos algo así. É certo que o tempo pasa e o
> tempo é ouro.
>
> Eu considerei a posibilidade de asumir a coordinación, basicamente
> porque non vía interese ou dispoñibilidade de ningunha outra parte e
> tiña medo a que isto ficase á deriva. Sigo estando interesado en
> participar nas funcións de xestión e coordinación e en axudar, pero
> sempre tiven reservas para candidatarme como coordinador (e nunca
> cheguei a facelo), polas razóns que expuxen neste fío anteriormente (os
> requisitos que creo que debe ter o coordinador).
>
> * Comparto en xeral as inquietudes de Keko. Penso que a calidade é tan
> importante como a cantidade, aínda que cando hai que ter algo pronto en
> tal data ás veces hai que facer sacrificios, e a calidade adoita verse
> afectada. É preferíbel ter a última versión acabada con erros ou non
> tela acabada a tempo?
>
> Tamén creo que hai que renunciar a preferencias persoais en favor dos
> consensos colectivos e que hai que unificar criterios en todas as
> traducións ao galego (de maneira aberta e multidireccional, e non que
> cada grupo vaia polo seu lado). Para dar *lexitimidade* aos consensos
> "colectivos", porén, é necesario que saibamos involucrar a todo o mundo
> nunha discusión conxunta e que todas as partes sexan capaces de ceder
> algunha vez. Quero dicir que os que estamos nesta lista deberíamos poder
> dialogar e chegar a acordos terminolóxicos, fraseolóxicos e estilísticos
> coa xente de Trasno e da CiF e de calquera grupo que galeguice software,
> e chegado o caso todos debemos ser capaces de ceder.
>
> * Non son o único que pensa así nesta lista. Iso paréceme moi
> importante, porque é a mesma lingua e é o mesmo tipo de produto, por iso
> hai que reducir a fragmentación e a disparidade de criterios, facendo
> todos un esforzo e mesmo sacrificios. Esa sería unha das cousas que eu
> tentaría facer se fose coordinador (non sei até que punto sería posíbel
> pero sería e é un obxectivo). Eu apoiaría un candidato a coordinador que
> demostre preocupación neste sentido. Ti (Keko) en certo modo xa
> demostras que sabes como mellorar a consistencia das traducións con base
> nos recursos xa elaborados, e iso é moi necesario, pero eu estoume
> referindo máis ben á discusión futura sobre termos aínda non fixados ou
> consensuados. Que compromiso podes podes asumir neste sentido e que vías
> de actuación contemplas?
>
> [Hai outras cousas que eu quero facer, concretamente para incentivar a
> participación de tradutores e estudantes de tradución, pero podo facelas
> ou propolas máis adiante mesmo sen ser coordinador. O voluntariado ás
> veces tende a ser desprofesionalizador do sector correspondente pero
> creo que nós podémolo utilizar para todo o contrario: para ofrecer un
> "campo de probas" nun contexto real a futuros profesionais galegos da
> localización, ao tempo que simbioticamente contribúen ao proxecto cun
> traballo de calidade.]
>
> * En principio, non estou de acordo cunha cousa que di Keko. "O que
> queira a coordinación (...) terá que (...) revisar todo o que se
> traduce". Non é estritamente necesario que o coordinador sexa o revisor
> último das traducións. Unha cousa é facer un control de calidade final
> para asegurar a harmonía terminolóxica, facer as comprobacións de
> formato e de variábeis, etc. pero se o coordinador ten un perfil técnico
> creo que a revisión lingüística principal debería apoiarse (tamén)
> noutros piares. Opinións?
>
> * Keko, como farías a asignación de tarefas (traducións, revisións,
> etc.)? Eu creo que debería ser un proceso de chamamentos na lista ou no
> foro de www.g11n.net <http://www.g11n.net> para cada paquete que vaia
> chegando, aos que as persoas interesadas respondan en función da súa
> disponibilidade, e se asigne á primeira en responder e/ou que máis
> disponibilidade manifeste. Faríalo así? Terías en conta outros criterios?
e logo esta rolda? non vale?
>
> * Así mesmo, eu apoiaría a escolla dun candidato que propoña unha
> coordinación aberta e participativa, que se comprometa a documentar e
> dar conta na lista ou en g11n.net <http://g11n.net> dos procesos e liñas
> de actuación (tanto internas como externas) para que os demais poidamos
> seguilas e mesmo asumilas ou participar en momentos dados. Ademais, eu
> non vexo isto como "por un lado, está o grupo de Manuel, ou X, e polo
> outro, o grupo de Trasno". Pareceríame ben que un dos candidatos (o que
> a lista escolla) asuma o labor principal de coordinación e o(s) outro(s)
> colabore(n) con el nas tarefas de xestión dos proxectos en función das
> necesidades e das posibilidades dos proxectos e dos intereses das
> persoas. Keko, dicías que habería "un par de persoas que te axudarían no
> resto". Quen comporía o teu equipo? Pensas que sería viábel unha
> coordinación transparente e participativa? Eu penso que vas por aí pero
> gustaríame sabelo decerto.
>
> En principio, creo que a candidatura de Keko é sólida. A lista está un
> pouco parada e creo, como Keko, que habería que mover ficha xa. En
> principio, a candidatura de Keko é a única que hai, e sería a escollida
> se a lista se mostra maioritariamente a favor dela. Se a lista se
> mostrase marioritariamente en contra, eu ofreceríame como candidato
> alternativo temporalmente mentres non houbese unha persoa de consenso.
> Persoalmente penso que hai que acabar coas suspicacias entre nós, pero
> por min que non falten alternativas.
>
> Tamén, por último, gustaríame que a lista opinase sobre a proposta que
> fixo alguén de que o coordinador se comprometa a renunciar se a
> tradución non está ao 100% para a saída dunha nova versión. Pensades que
> isto debe ser así?
Non, hai que facer o que se poida (estamos a falar de voluntariado).
>
> Por favor, manifestádevos. Propoño dar de prazo até fin deste mes para
> terminar o debate e a votación (e que alguén me contradiga se pensa que
> é pouco tempo).
>
> Un saúdo e desculpas por este correo tan longo.
> Apertas, Manuel
>
>
> 2010/3/16 Enrique Estévez Fernández <keko.gl <http://keko.gl>@gmail.com
> <http://gmail.com>>
>
>     Boas.
>
>     Estamos perdendo un tempo moi valioso e aquí nadie opina. O que queira
>     a coordinación tense que mollar e traballar duro. Terá que crear
>     procedementos para dividir as traducións, crear calendario de traballo
>     e revisar todo o que se traduce. Xa que ten que coordinadar máis dun
>     proxecto e conseguir que os produtos estean ao 100% para o seu
>     lanzamento.
>
>     O dito, Suso quere alguén que a comunidade elixa, así que nos toca
>     decidir entre todos. Eu creo que xa hai varios candidatos, polo menos
>     un equipo no que está Manuel, Damufo e outro máis senon me equivoco,
>     que coordinaría Manuel Souto.
>
>     Por outro lado está Trasno, onde en principio keko (eu) sería o
>     coordinador e e un par de persoas que lle axudarían no resto.
>
>     Non sei se hai máis candidatos, pero habería que resolver esto, xa que
>     hai cadeas novas cada día que pasa en todos os proxectos de Mozilla e
>     non son poucos. Agora non teño a man para darvos a ligazón onde se
>     pode consultar pero hai moitísimo que facer e máis para xente novata
>     no tema da xestión de Mozilla, así que a pornos as pilas.
>
>     Facemos unha votación ou algún sistema para elixir. Ou simplemente o
>     grupo de Manuel Souto se fai cargo e o resto a colaborar, hai que
>     decidirse xa, o tempo corre en contra de contar coas seguintes
>     versións en galego e se pode ser con paquetes oficiais (que é o
>     ideal).
>
>     Un saúdo.
>
>     2010/3/12, David Marcos Ramas <davidmarcosramas  gmail.com
>     <mailto:davidmarcosramas  gmail.com>>:
>      > Ola é totalmente irrelevante pero o do nome en cor rosa é porque
>     uso Gmail,
>      > e cada correo novo co mesmo asunto vai aparecendo a continuación
>     dos outros
>      > cambiando a cor do remitente... coincidiu que copiei e peguei o
>     teu nome,
>      > máis nada :-D
>      >
>      >
>      > Polo tema en cuestión da coordinación, se cadra sería positivo
>     que alguén
>      > que explicase en que consiste exactamente, cales son as funcións
>     dedicación
>      > estimada, etc... creo que algo xa se puxo, pero se cadra había que
>      > especificalo máis, para que se hai alguén que pense en asumir a
>     coordinación
>      > teňa claro se vai poder ou non.
>      >
>      > Saudos,
>      > David
>      >
>      > 2010/3/12 Leandro Regueiro <leandro.regueiro  gmail.com
>     <mailto:leandro.regueiro  gmail.com>>
>      >
>      >> 2010/3/12 Manuel Souto Pico <m.soutopico  gmail.com
>     <mailto:m.soutopico  gmail.com>>:
>      >> > Ola,
>      >> > Estiven esta semana un pouco liado e acabo de ler agora o que
>     fostes
>      >> > escribindo.
>      >> > Grazas, Suso e David, polos ánimos e a confianza. David, por
>      >> > curiosidade,
>      >> > por que escribes o meu nome en cor de rosa? :)
>      >> > Realmente vexo que hai unha situación un pouco estraña aquí e
>     gustaríame
>      >> > facer algo por mellorala. Polo pouco que sei, paréceme que
>     unha persoa
>      >> que
>      >> > se dé ben con todos os grupúsculos estaría nunha boa posición para
>      >> aglutinar
>      >> > esforzos a prol do proxecto e dar ilusión. Non sei se eu
>     podería facer
>      >> iso,
>      >> > pero creo que iso é o que fai falta. Sen entrar a valorar,
>     cuestionar
>      >> > ou xulgar as actitudes das persoas (de ninguén) nesta ou
>     noutra lista,
>      >> dame
>      >> > un pouco de pena a situación actual (actual?) e creo que é
>     necesario
>      >> facer
>      >> > algo para desbloquear isto.
>      >> > Por outro lado, a miña carga de traballo é variábel e
>     impredecíbel, e
>      >> dáme
>      >> > medo comprometerme a algo que despois non poida asumir se me
>     xurdiren
>      >> > proxectos grandes. Que pasaría se pasados un número de meses
>     vexo que
>      >> > non
>      >> > podo seguir? Non sería esa inestabilidade prexudicial face á
>     Fundación
>      >> > Mozilla (no sentido de tirarnos credibilidade como grupo)?
>      >> > Outra pregunta: é posíbel ter a priori unha estimación do
>     número de
>      >> > horas
>      >> > semanais que sería necesario dedicar á coordinación?
>      >> > Outra pregunta: non é problema para min ter que asistir unha
>     vez ao ano
>      >> > á
>      >> > reunión da Fundación, pero non sería conveniente que o
>     coordinador teña
>      >> > a
>      >> > súa morada na terra? (eu vivo en Barcelona). Dígoo porque iso
>     facilita
>      >> > xuntarse cos membros do grupo ou asistir a xornadas como as do
>     g11n...
>      >> > Aínda concordando co principio do "silencio consensual",
>     gustaríame
>      >> escoitar
>      >> > a opinión de alguén máis das 64 persoas que teoricamente están
>     nesta
>      >> lista.
>      >> > Un toque nas roldas de localización a glg doutros grupos e
>      >> proxectos podería
>      >> > servir para "espertar" a participación das persoas que só
>     seguen a rolda
>      >> de
>      >> > cando en vez, pero creo que non sería opinións fóra desta lista.
>      >> > Bon, se cadra non é tan importante este tema...
>      >> > Leandro, algunha suxestión para incentivar a participación da
>      >> "comunidade"?
>      >> > Refírome á de persoas en principio interesadas na galeguización de
>      >> produtos
>      >> > de Mozilla, estean xa nesta lista ou non, estean xa noutros
>     proxectos ou
>      >> > non.
>      >>
>      >> Entendo que se non te ves con tempo suficiente, ou pensas que nun
>      >> momento dado poderías non poder dar a cara, quizais se deba pensar
>      >> noutro sistema de organización e reparto do traballo onde a
>      >> responsabilidade non recaia en só unha persoa, ou ter un sistema de
>      >> relevo rápido (como en Trasno). Pero isto depende de se a
>      >> infrastrutura de Mozilla o permite ou non, ou de se se poden
>     subverter
>      >> as súas normas (como fixemos en openSuse).
>      >>
>      >> Para incentivar á xente a participar, pois non sei que dicir.
>     Quizais
>      >> o primeiro é identificar cales son os problemas ou os atrancos que
>      >> evitan que a xente se involucre. Isto é evidente. Quizais outra
>     cousa
>      >> a mellorar sería evitar andar lanzando a nova de que Firefox está ao
>      >> 100% cada dous por tres xa que a xente di "xa está todo feito e
>     non se
>      >> precisa a miña axuda", polo que quizais sexa útil indicar que se
>     pode
>      >> traducir outras cousas que aínda non están completas, e de cando en
>      >> vez pedir colaboradores para isto ou para aquelo. Outra cousa sería
>      >> non intentar tratar a este proxecto como unha caixa pechada, como se
>      >> non influira, fora influido por, ou precisara dos outros
>     proxectos, xa
>      >> que seguro que hai xente que prefire traducir por exemplo KDE a
>      >> traducir en Mozilla e se as datas se solapan pois escollen KDE (por
>      >> exemplo). A verdade é que pode haber ata unha ducia de factores
>      >> diversos. Todo isto é moi interpretable e estou seguro de que hai
>      >> bastantes persoas que van disentir da miña opinión, o cal é moi
>      >> respectable.
>      >>
>      >> Ata logo,
>      >>                  Leandro Regueiro
>      >> _______________________________________________
>      >> Galician mailing list
>      >> Galician  mozdev.org <mailto:Galician  mozdev.org>
>      >> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>      >>
>      >
>     _______________________________________________
>     Galician mailing list
>     Galician  mozdev.org <mailto:Galician  mozdev.org>
>     https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician  mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician