[Galician] Relevo na coordenación

Manuel Souto Pico m.soutopico en gmail.com
Ven Mar 12 13:00:51 PST 2010


Grazas, Leandro. Tomo nota das túas observacións.

Salve! Manuel

2010/3/12 Leandro Regueiro <leandro.regueiro  gmail.com>

> 2010/3/12 Manuel Souto Pico <m.soutopico  gmail.com>:
> > Ola,
> > Estiven esta semana un pouco liado e acabo de ler agora o que fostes
> > escribindo.
> > Grazas, Suso e David, polos ánimos e a confianza. David, por curiosidade,
> > por que escribes o meu nome en cor de rosa? :)
> > Realmente vexo que hai unha situación un pouco estraña aquí e gustaríame
> > facer algo por mellorala. Polo pouco que sei, paréceme que unha persoa
> que
> > se dé ben con todos os grupúsculos estaría nunha boa posición para
> aglutinar
> > esforzos a prol do proxecto e dar ilusión. Non sei se eu podería facer
> iso,
> > pero creo que iso é o que fai falta. Sen entrar a valorar, cuestionar
> > ou xulgar as actitudes das persoas (de ninguén) nesta ou noutra lista,
> dame
> > un pouco de pena a situación actual (actual?) e creo que é necesario
> facer
> > algo para desbloquear isto.
> > Por outro lado, a miña carga de traballo é variábel e impredecíbel, e
> dáme
> > medo comprometerme a algo que despois non poida asumir se me xurdiren
> > proxectos grandes. Que pasaría se pasados un número de meses vexo que non
> > podo seguir? Non sería esa inestabilidade prexudicial face á Fundación
> > Mozilla (no sentido de tirarnos credibilidade como grupo)?
> > Outra pregunta: é posíbel ter a priori unha estimación do número de horas
> > semanais que sería necesario dedicar á coordinación?
> > Outra pregunta: non é problema para min ter que asistir unha vez ao ano á
> > reunión da Fundación, pero non sería conveniente que o coordinador teña a
> > súa morada na terra? (eu vivo en Barcelona). Dígoo porque iso facilita
> > xuntarse cos membros do grupo ou asistir a xornadas como as do g11n...
> > Aínda concordando co principio do "silencio consensual", gustaríame
> escoitar
> > a opinión de alguén máis das 64 persoas que teoricamente están nesta
> lista.
> > Un toque nas roldas de localización a glg doutros grupos e
> proxectos podería
> > servir para "espertar" a participación das persoas que só seguen a rolda
> de
> > cando en vez, pero creo que non sería opinións fóra desta lista.
> > Bon, se cadra non é tan importante este tema...
> > Leandro, algunha suxestión para incentivar a participación da
> "comunidade"?
> > Refírome á de persoas en principio interesadas na galeguización de
> produtos
> > de Mozilla, estean xa nesta lista ou non, estean xa noutros proxectos ou
> > non.
>
> Entendo que se non te ves con tempo suficiente, ou pensas que nun
> momento dado poderías non poder dar a cara, quizais se deba pensar
> noutro sistema de organización e reparto do traballo onde a
> responsabilidade non recaia en só unha persoa, ou ter un sistema de
> relevo rápido (como en Trasno). Pero isto depende de se a
> infrastrutura de Mozilla o permite ou non, ou de se se poden subverter
> as súas normas (como fixemos en openSuse).
>
> Para incentivar á xente a participar, pois non sei que dicir. Quizais
> o primeiro é identificar cales son os problemas ou os atrancos que
> evitan que a xente se involucre. Isto é evidente. Quizais outra cousa
> a mellorar sería evitar andar lanzando a nova de que Firefox está ao
> 100% cada dous por tres xa que a xente di "xa está todo feito e non se
> precisa a miña axuda", polo que quizais sexa útil indicar que se pode
> traducir outras cousas que aínda non están completas, e de cando en
> vez pedir colaboradores para isto ou para aquelo. Outra cousa sería
> non intentar tratar a este proxecto como unha caixa pechada, como se
> non influira, fora influido por, ou precisara dos outros proxectos, xa
> que seguro que hai xente que prefire traducir por exemplo KDE a
> traducir en Mozilla e se as datas se solapan pois escollen KDE (por
> exemplo). A verdade é que pode haber ata unha ducia de factores
> diversos. Todo isto é moi interpretable e estou seguro de que hai
> bastantes persoas que van disentir da miña opinión, o cal é moi
> respectable.
>
> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician  mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
-------------- pr?a parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100312/425a2be1/attachment.html>