[Galician] Relevo na coordenación

Manuel Souto Pico m.soutopico en gmail.com
Xov Mar 11 18:04:55 PST 2010


Ola,

Estiven esta semana un pouco liado e acabo de ler agora o que fostes
escribindo.

Grazas, Suso e David, polos ánimos e a confianza. David, por curiosidade,
por que escribes o meu nome en cor de rosa? :)

Realmente vexo que hai unha situación un pouco estraña aquí e gustaríame
facer algo por mellorala. Polo pouco que sei, paréceme que unha persoa que
se dé ben con todos os grupúsculos estaría nunha boa posición para aglutinar
esforzos a prol do proxecto e dar ilusión. Non sei se eu podería facer iso,
pero creo que iso é o que fai falta. Sen entrar a valorar, cuestionar
ou xulgar as actitudes das persoas (de ninguén) nesta ou noutra lista, dame
un pouco de pena a situación actual (actual?) e creo que é necesario facer
algo para desbloquear isto.

Por outro lado, a miña carga de traballo é variábel e impredecíbel, e dáme
medo comprometerme a algo que despois non poida asumir se me xurdiren
proxectos grandes. Que pasaría se pasados un número de meses vexo que non
podo seguir? Non sería esa inestabilidade prexudicial face á Fundación
Mozilla (no sentido de tirarnos credibilidade como grupo)?

Outra pregunta: é posíbel ter a priori unha estimación do número de horas
semanais que sería necesario dedicar á coordinación?

Outra pregunta: non é problema para min ter que asistir unha vez ao ano á
reunión da Fundación, pero non sería conveniente que o coordinador teña a
súa morada na terra? (eu vivo en Barcelona). Dígoo porque iso facilita
xuntarse cos membros do grupo ou asistir a xornadas como as do g11n...

Aínda concordando co principio do "silencio consensual", gustaríame escoitar
a opinión de alguén máis das 64 persoas que teoricamente están nesta lista.
Un toque nas roldas de localización a glg doutros grupos e proxectos podería
servir para "espertar" a participación das persoas que só seguen a rolda de
cando en vez, pero creo que non sería opinións fóra desta lista.

Bon, se cadra non é tan importante este tema...

Leandro, algunha suxestión para incentivar a participación da "comunidade"?
Refírome á de persoas en principio interesadas na galeguización de produtos
de Mozilla, estean xa nesta lista ou non, estean xa noutros proxectos ou
non.

Salve!

--
Manuel Souto Pico


2010/3/5 David Marcos Ramas <davidmarcosramas  gmail.com>

> Son unha persoa prácticamente alle a isto, mais estou cadastrado na rolda.
>
> Polo que estou lendo aquí, entendo que *Manuel Souto Pico* é o candidato a
> coordinador perfecto.
>
> Eu non podo ofrecer máis que os meus ánimos para que asumas esta importante
> tarefa.
>
> Entendo que o avanzado nestes anos no software libre en galego en concreto
> no que a Mozilla se refire, foi e é vital para a implantación do noso
> idioma. Mozilla está de moda entre a mocidade, que na páxina oficial apareza
> o galego é algo importantísimo.
>
> Iso todos o sabemos, o que quería dicir simplemente é que sería unha pena
> que non houbese continuidade neste importantísimo proxecto.
>
> Animo a *Manuel Souto Pico* a que asuma esa coordinación.
>
>
>
> 2010/3/4 suso <suso.baleato  gmail.com>
>
>> cadastradas somos 64 personas, ou sexa que potencial sí que hai. mirando
>> para o arquivo da rolda, vese como nos últimos cinco anos o nivel de
>> participación foi bastante baixo, se ben a partir do ano 2007 comezou
>> incrementarse progresivamente, tendencia que continúa no presente.
>>
>> fin do informe ;)
>>
>> en xeral, nas roldas aplícase o "silencio consensual": se alguén fai unha
>> proposta e ninguén levanta obxecións, a proposta enténdese aceitada; eso
>> evita que haxa que estar contestando seguido, e ofrece unha maior
>> autonomía
>> ás personas que toman a iniciativa (que ao final son as que levan os
>> proxectos adiante). ademais moita exente está só escoitando o que se fala
>> , ou ás veces nin iso.
>>
>>
>> Jesús escrebeu:
>> > Canta xente hai nesta rolda? Debería haber máis opinións, inda que só
>> > sexan para decir "Eu non". Que se note que hai comunidade ;)
>> >
>> > ifrit
>> >
>> >
>> > 2010/3/4 suso <suso.baleato  gmail.com>:
>> > > Manuel Souto Pico escrebeu:
>> > >> No meu caso, curiosidade non me falta, ganas de facer cousas
>> tampouco,
>> > >> e coñecementos non o sei porque tampouco sei qué tarefas exactamente
>> > >> hai que realizar (pero en calquera caso sempre se pode aprender,
>> non?).
>> > >> Porén, e que o confirme ou desminta o resto da lista, creo que o/a
>> > >> coordinador/a  debería ser alguén que leve máis tempo colaborando co
>> > >> proxecto, e con máis intensidade, tanto por ter máis bagaxe como por
>> > >> ter demostrado un compromiso sólido e continuado que o/a faga merecer
>> > >> tal posto. Eu animo a que se candidate xente que leva máis tempo e/ou
>> > >> que coñeza ben o proceso.
>> > >>
>> > >
>> > > Eu tamén penso que idealmente debería ser así; mais lembro que eu non
>> > > levaba ningún tempo e o meu descoñecemento do proceso era absoluto
>> cando
>> > > asumín a coordenación así que obxectivamente calquera persona desta
>> rolda
>> > > sería mellor candidato do que eu era cando me tocou asumir ise rol :)
>> > >
>> > >>
>> > >> Eu isto pensábao con miras aos membros do noso grupo (galego), pero a
>> iso
>> > >> acrecéntase, pois, o que di Suso, de miras á Fundación Mozilla. Se só
>> > >> aceptan alguén de perfil técnico, pois unha razón máis en contra
>> miña,
>> > >> porque eu teño un perfil mixto pero veño do mundo da tradución, non
>> da
>> > >> informática. Voume formando (comezo un curso de localización pola UOC
>> este
>> > >> mes) pero a xulgar polo que di o Suso parece que sería complicado ser
>> > >> admitido como coordinador co meu perfil.
>> > >>
>> > >
>> > > Se cadra non me expliquei ben. As capacidades técnicas foron
>> importantes no
>> > > seu día para desbloquear o problema da integración do galego no
>> repositorio
>> > > oficial; mais unha vez que foi resolto o problema, agora o mais
>> importante
>> > > como dixen penso que é a capacidade social, comunicativa. Técnicamente
>>>> > > hai que aprender catro comandos para enviar as traducións ao
>> repositorio;
>> > > as dificuldades "técnicas" están mais no campo da tradución
>> (conversións,
>> > > aplicación de tmx e similares) que no da informática. En todo caso
>> nesto
>> > > último eu podo axudar.
>> > >
>> > >> Sobre o de asumir tarefas asociadas á coordinación, alén de traducir
>> e
>> > >> revisar, eu podo baleirar terminoloxía | xestionar memorias e
>> dicionarios |
>> > >> facer probas con ficheiros e ferramentas | programar scripts | facer
>> > >> conversións e transformacións | facer testing, etc., ou se hai outras
>> cousas
>> > >> que non saiba facer pero están ao meu alcance, aprendo encantado,
>> pero pouco
>> > >> a pouco. Isto dígoo para quen saiba o que hai que facer pero non se
>> > >> candidate por ter medo de non poder con todo ou non ter tempo. Eu
>> axudo.
>> > >>
>> > >> Total, creo que teño máis prudencia que ganas.
>> > >>
>> > >
>> > > Que opine o resto da xente, pero se ninguén se candidata para facelo,
>> penso
>> > > que deberías animarte e asumir tí a coordenación. Claramente dispós
>> tanto
>> > > dos coñecementos técnicos (lingüísticos) como da capacidade
>> comunicativa que
>> > > é precisa e con seguridade na Fundación Mozilla aceitarán a proposta
>> que lle
>> > > fagamos dende a rolda. Ademais non detectei que tiveras conflictos co
>> resto
>> > > da xente, mais ben todo o contrario, e iso é bastante importante
>> tamén.
>> > >
>> > > En todo caso, un coordenador en fase de aprendizaxe é mellor que
>> ningún
>> > > coordenador: a miña vontade para dar o relevo é firme e non ten volta
>> atrás.
>> > >
>> > > --
>> > > http://susinho.pagina.de/
>> > > _______________________________________________
>> > > Galician mailing list
>> > > Galician  mozdev.org
>> > > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>> > >
>> >
>> >
>> >
>> > --
>> > ====================
>> > Visit our cinema weblog: http://cinemafriki.blogaliza.org
>> > Visit our blog of fast food of the world:
>> http://capitulocerdo.blogaliza.org
>> > Visit my personal weblog: http://mediapinta.blogaliza.org
>> > Visit my Street Art weblog: http://scqstreetart.blogaliza.org
>> > ====================
>> > _______________________________________________
>> > Galician mailing list
>> > Galician  mozdev.org
>> > https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>> --
>> http://susinho.pagina.de/
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician  mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician  mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
>
-------------- pr?a parte ----------
Um anexo em HTML foi limpo...
URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100312/0f494d3b/attachment.html>