[Galician] Presentación na lista e suxestión

Enrique Estévez Fernández keko.gl en gmail.com
Lun Mar 8 04:47:22 PST 2010


Ola a tod en s.

Son novo nesta lista pero non son novo no mundo da tradución. Xa teño
feito algo e xunto con Fran levo a tradución do IDE NetBeans ao
galego, no cal andamos sobre o 40%. Esperamos para a nova versión que
sae no mes de xuño superar o 50%.

Todos me coñecen por keko, e nestes momentos son o Coordinador da
Oficina de Software Libre da USC.

Desde a OSL sempre colaboramos co proceso de normalización do Software
Libre. Estamos facendo unha adaptación da distribución de GNU/Linux
Ubuntu chamada Ubuntu-USC. No mes de abril vai a saír unha versión LTS
da cal pensamos facer unha adaptación para a súa implantación dentro
da Universidade, que por certo, paso a paso forma parte do software
que implanta a Area TIC na Universidade. Por isto, levamos avanzado
bastante camiño.

Debido a que sae unha versión LTS cremos que a calidade das traducións
debe primar e sobre todo a súa homoxeneidade entre os diferentes
proxectos. Un paso foi a revisión da tradución do contorno GNOME e
agora queremos apoiar a tradución da Ubuntu.

Tivemos tempo e botámoslle unha ollada ao navegador Firefox.
Detectamos o que para nos son algunhas inconsistencias entre as
traducións e profundizando un pouco máis tamén cremos que non seguía
algunhas convencións acordadas pola comunidade e Mancomun e sobre todo
falta de integración con GNOME  e Ubuntu, por iso decidimonos a
realizar unha revisión para conseguir unha maior integración entre os
proxectos que forman parte da Ubuntu-USC. A revisión foi realizada
despois de que se rematara a tradución na comunidade galega de
Firefox, xusto no momento en que Ubuntu importou dita tradución a
Launchpad.

A nosa intención é simplemente ter unha distribución de GNU/Linux
adaptada a USC e en galego. Para o propósito seguiuse o mesmo proceso
de revisión do GNOME e buscouse solventar inconsistencias dentro das
traducións do mesmo. Dende a OSL entregamos o informe nesta lista por
se considerades que o traballo é axeitado e vos poden servir de axuda
(temos tamén o ficheiro .po modificado para a Ubuntu-USC e se o
precisarades, tras realizarlle as correspondentes probas, enviamolo a
lista). Dito informe tamén se lle vai a ofrecer ao líder do proxecto
da tradución do Ubuntu e a sua comunidade por se consideran de
utilidade o traballo e o queren integrar na parte da nova versión de
Ubuntu. Igualmente dita tradución será implementada na versión que a
USC implantará nas aulas, xa que neste proxecto os responsábeis somos
nós e cremos que era preciso esta revisión como xustifica o informe.

Alegranos saber que a comunidade realiza un gran traballo e que a
tradución do Firefox está ao 100% anque nos dá mágoa que se comecen a
aplicar diferentes criterios ou que non se revisen e apliquen os xa
consensuada entre toda a comunidade e Mancomun no seu momento. Sabemos
que no noso informe tamén hai gustos personais na tradución e novas
tendencias ou estilos que herdamos das nosas colaboracións con outros
proxectos como pode ser GNOME e Ubuntu e que aínda non están fixados,
pero cremos que se separan os uns dos outros e o traballo pode servir
de axuda para ambas comunidades, a de Ubuntu e a vosa.

Xa para despedir, non nos metemos coa tradución en ningún momento. Só
estamos enviandovos un traballo que realizamos e co que se pode estar
de acordo ou non, e en ningún momento se pretenderá distribuir dita
tradución mediante un paquete. Dita tradución só se implantará na
Ubuntu-USC nas aulas da USC.

Noraboa polo gran traballo que facedes de forma altruísta e ánimos
para continuar con esta labor tan pouco recoñecida.

Un saúdo.
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: Informe Tradución do Firefox 3.6 - final.pdf
Type: application/pdf
Size: 100636 bytes
Desc: non dispoñíbel
URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100308/8fcbd154/attachment-0001.pdf>