[Galician] Correción erro na tradución do Thunderbird 3.0
Mancomun
mancomun en mancomun.org
Xov Feb 18 01:08:12 PST 2010
Boas a todos os membros do equipo de tradución ao galego de Mozilla.
En Mancomún estivemos traballando na procura do erro que estaba a
afectar ao Thunderbird, conscientes da súa gravidade. Realizamos unha
serie de probas ata por fin atopar onde estaba o problema. (Ou polo
menos as probas realizadas así o indican)
O que atopamos é que había un problema con dúas cadeas do seguinte ficheiro:
mail/chrome/messenger/imapMsgs.properties [1]
Actualmente as cadeas son:
5036=Descargando %lu de %lu cabeceiras de mensaxes de %S [2]
5037=Descargando %lu de %lu marcas de mensaxes de %S [3]
E poñéndoas como segue resólvese o problema:
5036=Descargando de %S - %lu de %lu cabeceiras de mensaxes de %S
5037=Descargando de %S - %lu de %lu marcas de mensaxes de %S
Polo momento, non se poidan remitir estes cambios ao repositorio oficial
e saia unha nova versión de Thunderbird co erro xa subsanado, dende
Mancomún, poñeremos a disposición da comunidade a posibilidade de
descargar un paquete de idioma galego para Thunderbird 3.0 que solucione
o problema.
Adxuntamos o paquete a este correo para que o poidades probar. Está
feito a partir do paquete de idioma que fornece Mozilla [4] aplicándolle
os cambios antes indicados.
Un saúdo.
_______
[1]
http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/file/1daca55d78aa/mail/chrome/messenger/imapMsgs.properties
[2]
http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/file/1daca55d78aa/mail/chrome/messenger/imapMsgs.properties#l155
[3]
http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/file/1daca55d78aa/mail/chrome/messenger/imapMsgs.properties#l162
[4]
http://releases.mozilla.org/pub/mozilla.org/thunderbird/releases/3.0.1/linux-i686/xpi/
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100218/5caf4a5e/attachment-0001.html>
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: gl.xpi
Type: application/x-xpinstall
Size: 207295 bytes
Desc: non dispoñíbel
URL: <http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20100218/5caf4a5e/attachment-0001.bin>