[Galician] Resumo de Galician, vol 40, envío 3
damufo
damufo en gmail.com
Lun Xul 6 03:31:46 PDT 2009
Antón Méixome escribiu:
> galician-request mozdev.org escribiu:
>>
>> ----------------------------------------------------------------------
>>
>> Message: 1
>> Date: Sun, 5 Jul 2009 19:28:43 +0200
>> From: Leandro Regueiro <leandro.regueiro gmail.com>
>> Subject: Re: [Galician] actualización traducións mozilla
>> To: Traducion ao galego de Mozilla <galician mozdev.org>
>> Message-ID:
>> <ad7553860907051028g3b4b8574v3b4f9018df93634 mail.gmail.com>
>> Content-Type: text/plain; charset=UTF-8
>>
>> 2009/7/2 damufo <damufo gmail.com>:
>>
>>> Boas:
>>> Grazas poro todo o taballo realizado.
>>> Unha dúbida, isto que significa?
>>> 4.7 -<!ENTITY pasteCmd.label "Colar">
>>> 4.8 +<!ENTITY pasteCmd.label "Pegar">
>>>
>>> Que colar pasa a ser pegar? (outra vez?)
>>>
>>
>> Home, non lembro esa ocasión anterior na que "colar" pasou a ser
>> "pegar", sería máis ben ao revés, non?
>>
>> Ata logo,
>> Leandro Regueiro
>>
>>
>> ------------------------------
>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>>
>>
>> Fin de Resumo de Galician, vol 40, envío 3
>> *******************************************
>>
> Ola, como o comentario nos alude a Mancomún directamente, explicamos
>
> Ata a aparición do Manual de localización é do Glosario, as traducións
> de Mancomún baseáronse en tendencias máis ou menos estábeis, palabra a
> palabra, proxecto a proxecto pero sen modelo global nin estratexias
> explícitas para superar os criterios subxectivos á hora de tomar decisións.
>
> Coa aparición do Glosario incorporouse por primeira vez un razoamento
> explícito (algoritmo) para a escolla terminolóxica. A naturalización dos
> termos galegos para a localización non pode deixarse no capricho senón
> que só funciona como resultado dunha reflexión e dunha conciencia da súa
> corrección.
>
> O algoritmo naceu desa necesidade dun método convencional e obxectivo
> para a toma de decisións nos casos en que os demais criterios non
> resultaban definitivos. Nun primeiro momento empregámolo para os casos
> en que había un atasco permanente e redundantes discusións que non
> chegaban nunca a unha solución (o exemplo de xanela/ventá/fiestra é
> paradigmático) aínda que o seu obxectivo natural é o de tomar decisións
> sobre novos termos.
>
> No caso que nos ocupa, houbo unha mala aplicación do algoritmo porque
> "pegar" e "colar" non son termos indiferentes en galego, non son
> sinónimos; non había debate no uso de "pegar" que era previo e pacífico.
> O uso de "colar" non foi xustificado, nin acompañado dunha mellora
> razoábel no estándar de localización galego-inglés. É un cambio recente
> e que só ten trascendido parcialmente. Consideramos conveniente pois,
> retirar esta innovación na tradución de software cando menos ata que se
> debata convenientemente na comunidade (g11n, terminoloxía).
>
> Casualmente hai un fío recente creado en G11n mancomun.org por Miguel
> Branco para este termo polo que vos convidamos a levar a discusión alí,
> que é a lista trasnversal de coordinación lingüística dos proxectos e
> non esta.
>
> É normal que un proceso de estabilización terminolóxica teña certas
> voltas. Chámase normalización lingüística: afinar a precisión das
> equivalencias entre palabras de dous idiomas cando non se comparten as
> mesmas estruturas nocionais só se pode facer mediante progresivos
> achegamentos harmonizadores.
>
> Saúdos,
>
> Antón
>
Grazas Antón:
esta era a resposta que procuraba.
Entón entendo que polo de agora, paste -> pegar.
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician