[Galician] benvida, suxestións e trucos... e axuda

damufo damufo at gmail.com
Wed Sep 17 05:04:30 PDT 2008



suso.baleato  xunta.es escribiu:
> Boas,
> 
> A última compilada está eiquí para mac, linux e windows, ademais do xpi se
> non lembro mal:
> 
> http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/latest-mozilla1.9.0-l10n/
> 
> No momento en que comeze a funcionar a compilación oficial, aparecería eiquí:
> 
> http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/latest-mozilla-central-l10n/
> 
Grazas!

> Sobre o tema terminolóxico, tiña a sensación de que xa o dixera, pero igual
> foi noutra lista: en canto teñamos os tmx definitivos poñémolos en común e
> traballamos sobre iles; por suposto acompañando aos tmx irán os critérios
> seguidos que á súa vez formarán parte do noso manual de localización. Todo
> este material contamos telo para o encontro de g11n, que está sen data aínda
> pero que facendo cálculos, e tendo en conta que temos o evento de Málaga,
> tería que cadrar entre a última semana de outubro e a primeira de novembro,
> todo pendente de convocatoria e demais; estade atentos na lista de g11n que
> será onde Irene levará o tema.
Pois daquela esperamos.
> 
> Saúdos,
Saúdos
> 
> damufo escrebeu:
>> Outra cousa, vexo en
>>
>> http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/community/
>>
>> "Axude a escribir ou editar documentación para os desenvolvedores"
>>
>> Ese editar penso que era mellor pór modificar/corrixir/mellorar... Se  
>> ten o significado de publicar pois penso que é mellor usar publicar no  
>> canto de editar, paréceme menos confuso.
>>
>> Saúdos
>>
>>
>> suso.baleato  xunta.es escribiu:
>>> Boas,
>>>
>>> Só pra dar conta de que as cousas van amodiño pero van indo... tamén que
>>> imos participar no encontro europeo de localización que terá lugar
>>> en outubro, xa recibimos o convite e xa estamos inscritos.
>>>
>>> Como saberedes xa están facendo as compilacións do firefox xa localizado
>>> creo que alguén colgara por eiquí a ligazón senón avisade) e tamén está listo
>>> o tema da web:
>>>
>>> http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/central/
>>>
>>> Haberá que "afinalo" poñendo ligazóns máis interesantes (admítense
>>> suxerencias...) e correxindo erros que se vaian detectando; tamén están os
>>> trucos e suxestións. En canto á axuda, como veredes ten a posibilidade de ser
>>> traducida de forma voluntaria pola xente a través da ligazón "translate
>>> this page".
>>>
>>> Pensando niso: cómo veríades unha pequena campaña de promoción animando á
>>> xente a traducir a axuda, unha vez que o galego sexa oficialmente
>>> descargabel? Digo isto pola calidade das traducións e polo feito de descargar
>>> nos proprios usuarios parte do traballo de localización.
>>>
>>> Saúdos,
>>>
>> _______________________________________________
>> Galician mailing list
>> Galician  mozdev.org
>> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
> 


More information about the Galician mailing list