[Galician] benvida, suxestións e trucos... e axuda

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Tue Sep 16 11:47:07 PDT 2008


Boas,

A última compilada está eiquí para mac, linux e windows, ademais do xpi se
non lembro mal:

http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/latest-mozilla1.9.0-l10n/

No momento en que comeze a funcionar a compilación oficial, aparecería eiquí:

http://ftp.mozilla.org/pub/mozilla.org/firefox/nightly/latest-mozilla-central-l10n/

Sobre o tema terminolóxico, tiña a sensación de que xa o dixera, pero igual
foi noutra lista: en canto teñamos os tmx definitivos poñémolos en común e
traballamos sobre iles; por suposto acompañando aos tmx irán os critérios
seguidos que á súa vez formarán parte do noso manual de localización. Todo
este material contamos telo para o encontro de g11n, que está sen data aínda
pero que facendo cálculos, e tendo en conta que temos o evento de Málaga,
tería que cadrar entre a última semana de outubro e a primeira de novembro,
todo pendente de convocatoria e demais; estade atentos na lista de g11n que
será onde Irene levará o tema.

Saúdos,

damufo escrebeu:
> Outra cousa, vexo en
>
> http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/community/
>
> "Axude a escribir ou editar documentación para os desenvolvedores"
>
> Ese editar penso que era mellor pór modificar/corrixir/mellorar... Se  
> ten o significado de publicar pois penso que é mellor usar publicar no  
> canto de editar, paréceme menos confuso.
>
> Saúdos
>
>
> suso.baleato at xunta.es escribiu:
>> Boas,
>>
>> Só pra dar conta de que as cousas van amodiño pero van indo... tamén que
>> imos participar no encontro europeo de localización que terá lugar
>> en outubro, xa recibimos o convite e xa estamos inscritos.
>>
>> Como saberedes xa están facendo as compilacións do firefox xa localizado
>> creo que alguén colgara por eiquí a ligazón senón avisade) e tamén está listo
>> o tema da web:
>>
>> http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/central/
>>
>> Haberá que "afinalo" poñendo ligazóns máis interesantes (admítense
>> suxerencias...) e correxindo erros que se vaian detectando; tamén están os
>> trucos e suxestións. En canto á axuda, como veredes ten a posibilidade de ser
>> traducida de forma voluntaria pola xente a través da ligazón "translate
>> this page".
>>
>> Pensando niso: cómo veríades unha pequena campaña de promoción animando á
>> xente a traducir a axuda, unha vez que o galego sexa oficialmente
>> descargabel? Digo isto pola calidade das traducións e polo feito de descargar
>> nos proprios usuarios parte do traballo de localización.
>>
>> Saúdos,
>>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician at mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>


More information about the Galician mailing list