[Galician] benvida, suxestións e trucos... e axuda

damufo damufo at gmail.com
Tue Sep 16 11:02:50 PDT 2008


Outra cousa, vexo en

http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/community/

"Axude a escribir ou editar documentación para os desenvolvedores"

Ese editar penso que era mellor pór modificar/corrixir/mellorar... Se 
ten o significado de publicar pois penso que é mellor usar publicar no 
canto de editar, paréceme menos confuso.

Saúdos


suso.baleato  xunta.es escribiu:
> Boas,
> 
> Só pra dar conta de que as cousas van amodiño pero van indo... tamén que
> imos participar no encontro europeo de localización que terá lugar
> en outubro, xa recibimos o convite e xa estamos inscritos.
> 
> Como saberedes xa están facendo as compilacións do firefox xa localizado
> creo que alguén colgara por eiquí a ligazón senón avisade) e tamén está listo
> o tema da web:
> 
> http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/central/
> 
> Haberá que "afinalo" poñendo ligazóns máis interesantes (admítense
> suxerencias...) e correxindo erros que se vaian detectando; tamén están os
> trucos e suxestións. En canto á axuda, como veredes ten a posibilidade de ser
> traducida de forma voluntaria pola xente a través da ligazón "translate
> this page".
> 
> Pensando niso: cómo veríades unha pequena campaña de promoción animando á
> xente a traducir a axuda, unha vez que o galego sexa oficialmente
> descargabel? Digo isto pola calidade das traducións e polo feito de descargar
> nos proprios usuarios parte do traballo de localización.
> 
> Saúdos,
> 


More information about the Galician mailing list