[Galician] benvida, suxestións e trucos... e axuda

suso.baleato at xunta.es suso.baleato at xunta.es
Tue Sep 16 10:08:18 PDT 2008


Como Pascal me pide algunha proposta, propuxen Chuza pra substituir Gumtree
en "Comunidades"; básicamente por que Gumtree é pra UK nada máis, e como
comunidade parece que a de Chuza é bastante apropriada.

Polo demais eu mantería o resto de ligazóns tal como están, e agardaría a
recibir suxestións unha vez que se lance o firefox, que teremos máis e de
maior calidade.

En todo caso, a ver qué opinan Pascal e o resto do equipo sobre substituir
Gumtree por Chuza.

Saúdos,

suso.baleato at xunta.es escrebeu:
> Boas,
> 
> Só pra dar conta de que as cousas van amodiño pero van indo... tamén que
> imos participar no encontro europeo de localización que terá lugar
> en outubro, xa recibimos o convite e xa estamos inscritos.
> 
> Como saberedes xa están facendo as compilacións do firefox xa localizado
> creo que alguén colgara por eiquí a ligazón senón avisade) e tamén está listo
> o tema da web:
> 
> http://gl.www.mozilla.com/gl/firefox/central/
> 
> Haberá que "afinalo" poñendo ligazóns máis interesantes (admítense
> suxerencias...) e correxindo erros que se vaian detectando; tamén están os
> trucos e suxestións. En canto á axuda, como veredes ten a posibilidade de ser
> traducida de forma voluntaria pola xente a través da ligazón "translate
> this page".
> 
> Pensando niso: cómo veríades unha pequena campaña de promoción animando á
> xente a traducir a axuda, unha vez que o galego sexa oficialmente
> descargabel? Digo isto pola calidade das traducións e polo feito de descargar
> nos proprios usuarios parte do traballo de localización.
> 
> Saúdos,
> 
> -- 
> Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
> Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
> Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
> Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician at mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

-- 
Xesús Manuel Benítez Baleato                                  Coordenador
Centro de Referéncia e Servizos de Software Libre http://www.mancomun.org
Praza de Europa, nº 10A, 6ºB 15707    Santiago de Compostela (Galiza/ ES)
Tel/ Fax: (0034) 981 957 867/ 881 999 113   <suso.baleato @ mancomun.org>


More information about the Galician mailing list