[Galician] Paquete de idioma para Firefox 3 beta1 e + temas

Frco. Javier Rial fjrial at cesga.es
Thu Nov 22 03:04:47 PST 2007


Ola a todos:

Acabo de facer unha primeira aproximación a un paquete de idioma para 
Firefox3 Beta 1.

Incorporei a tradución do Firefox 2 á unha versión que chamaremos 
pre-alpha de paquete de idioma para Firefox 3.

O estado actual da tradución é a seguinte:
3826 cadeas traducidas e 1853 sen traducir.

Non só habería que traducir o restante senón revisar todos os posibles 
erros nas distintas pantallas, cambiar tamaños das mesmas, accesskey,  
command keys, etc...

Ademais, mando en breve, todos os POS do Firefox3 beta1 coa tradución 
incorporada.

Falando doutras cousas:
Gustaríame poder saber cantos vamos poder traballar nesta tradución (e 
noutras) aínda que só sexa probando a tradución e enviando os erros que 
se atopen.
En breve tamén nos deberiamos a poñer coa actualización da tradución do 
Thunderbird e Sunbird.
[Para min: teño pendiente unha mini guía de como traballar con todas 
estas traducións]
Actualizamos/arranxamos o corrector de Firefox e Thunderbird feito por 
dmunhiz para que funcione mellor??

Xa me contaredes que opinades de todo isto.

Saúdos

P.D.: O paquete de idioma vai adxunto neste correo.. instala en Firefox 
3 alpha9 até 3.0.0.*. Gardar o adxunto como .xpi

-- 
Frco. Javier Rial Rodríguez
Mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre
http://www.mancomun.org
mancomun at mancomun.org


-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: gl-ES.xpi
Type: application/x-xpinstall
Size: 226006 bytes
Desc: not available
Url : http://www.mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20071122/2ef52990/attachment-0001.bin 


More information about the Galician mailing list