[Galician] ficheiros .po do thunderbird

Frco. Javier Rial Rodríguez fjrial at cesga.es
Tue Jul 31 10:49:10 PDT 2007


Ola Daniel:

Pois claro.

Ademais paréceme máis correcto poñer todos os POS (thunderbird, firefox,
sunbird..) descargables dende a web.

Incluso vou pedir se podo montar un ftp en mancomun cos pos dos distintos
proxectos de tradución. Senón un ftp, algo parecido...

Tomo nota do erro. Mañán tentarei poñer outra paquete novo de tradución,
ademáis do xa prometido lightning, e darlle publicidade na web ao do Sunbird
e comentar como vai a coordinación da tradución (por certo, vai, pero mal,
coma antes, se miras nun dos fíos que che indiquei, verás a resposta de Axel
Hecht, l10n coordinator de Mozilla).

Saúdos e gracias a ti (fáiseme raro aínda o de grazas jeje)

> Ola Francisco Javier:
> Poderías pasarme (ou pór para descargar) os ficheiros .po do
> thunderbird, simplemente para ter.
> Outra cousa, en marcar as mensaxes en lugar de lixo tería que ser
> correo  lixo.
> Saúdos e grazas.
>
>
> --
> Remitente:
> Daniel Muñiz Fontoira
> Eu uso software libre [1]
> [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html






More information about the Galician mailing list