[Galician] versión final da tradución do Thunderbird 2 ao galego

dmunhiz dmunhiz at gmail.com
Tue Jul 17 01:31:58 PDT 2007


Moitas grazas a ti Frco. Javier.
Como está o tema de que sexa oficial e que se distribúa directamnte, é 
dicir que o usuario que queira o thunderbird en galego lle vaia de 
"serie" igual que se o quere noutro idioma?
En canto a usuarios de gnu/linux alguén sabe como vai se vai distribúir, 
como se fará para que a tradución estea nos repositorios?
Saúdos

Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Frco. Javier Rial escribiu:
> Despois destos días de revisión, e de non atopar máis erros na 
> tradución, damos por boa a revisión da tradución e procedemos a 
> publicala como versión final.
> 
> A título persoal eu quero dar un especial agradecemento a dmunhiz polas 
> súas constantes suxestións, probas e informes de erros que mandou, así 
> como por ser encargarse de buscar os ficheiros PO de tradución e 
> importar a tradución da versión 1.5, e despois aos usuarios do Entrans 
> que en menos dunha semana traduciron as cadeas restantes dende a versión 
> 1.5 até a versión 2.0.
> 
> Vai adxunto o complemento coa versión final da tradución.
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician  mozdev.org
> http://mozdev.org/mailman/listinfo/galician


More information about the Galician mailing list