[Galician] Tradución do Thunderbird 2, cuasi definitiva!!

dmunhiz dmunhiz at gmail.com
Mon Jul 16 03:42:39 PDT 2007


De nada! grazas a ti.
Pois a min soa me mal o de "as ler" (en lugar da pasiva tamén din outra 
opción "lelas"), de todos modos como non son linguista...
Con resapecto ao do correo lixo pois será así, eu non o uso, so teño 
unha papeleira, e chégame.
Probarei a nova versión e traballarei co ela, de vexo algo raro xa che 
conto.
Saúdos e grazas.


Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html


Frco. Javier Rial escribiu:
> Ola Daniel:
> 
> Outra vez, moitísimas gracias polos informes dos erros.
> 
> Están todos corrixidos menos 2 deles. Explícoche os motivos:
> 
> O Erro
>> Onde pon, Marcar determinadas mensaxes como lixo despois de as ler. 
>> Penso que debería ser "Marcar determinadas mensaxes como lixo despois 
>> de ser lidas". "as ler" dame que non está ben formado. 
> Consultamos a lingüistas e a construción primeira é correcta, e a que ti 
> nos propós semellase máis á pasiva inglesa da cadea orixinal, polo que 
> nos recomendaron usar a primeira.
> 
> Sobre o de cambiar "Movelas ao cartafol "Lixo""  por "Papeleira", 
> explícoche:
> Ahí había unha mala tradución pero non era a que ti decías. A tradución 
> tería que ser "Movelas ao cartafol "Correo lixo"" xa que nas contas do 
> Thunderbird hai un cartafol chamado así. Por defecto non aparece creado, 
> só aparece cando marcas a opción "Configuración das 
> contas"-"Configuración do correo lixo"-"Moves as mensaxes entrantes 
> identificadas como correo lixo á:"-"Cartafol de "Correo lixo" en:.... É 
> un cartafol que ten de icona o lume que identifica o Correo lixo.
> 
> Proba primeiro esta nova versión e comproba se queres o que che estou 
> dicindo...
> 
> Saúdos
> 
> 
> Frco. Javier Rial Rodríguez
> mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre
> 
> 
> ------------------------------------------------------------------------
> 
> _______________________________________________
> Galician mailing list
> Galician  mozdev.org
> http://mozdev.org/mailman/listinfo/galician


More information about the Galician mailing list