[Galician] máis novas
Frco. Javier Rial
fjrial at cesga.es
Mon Jul 2 05:34:54 PDT 2007
Ola a todos:
Bueno, despois dun parón máis longo do desexado, comento novidades:
-Mozilla Foundation aceptou oficialmente o corrector integrado para
Firefox 2 e Thunderbird 2. O corrector está feito por dmunhiz, e cun
pouco de axuda xa está accesible publicamente a través do seguinte enderezo:
https://addons.mozilla.org/en-US/firefox/browse/type:3
Buscar ahí gl-ES.
-Envío un novo paquete coa tradución, vámoslle chamar ALPHA, do
thunderbird 2, nesta tradución so quedan 300 e pico cadeas por traducir
( o resto traducinas nos meus ratos libres), que ademais están colgadas
no entrans de mancomun.org
http://entrans.mancomun.org
En canto estea traducido 100% fago outro paquete de tradución.
Ademais pretendo implementarlle ás traducións, o sistema de
actualización en liña, pero polo de agora estame dando algúns problemas.
P.D: Adxunto tradución ALPHA do Thunderbird 2. Gardar o adxunto como
gl-ES.xpi
--
Frco. Javier Rial Rodríguez
Mancomun.org - Iniciativa Galega polo Software Libre
http://www.mancomun.org
softwarelibre at cesga.es
-------------- next part --------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: gl-ES.xpi
Type: application/x-xpinstall
Size: 298552 bytes
Desc: not available
Url : http://mozdev.org/pipermail/galician/attachments/20070702/1d16d00b/attachment-0001.bin
More information about the Galician
mailing list