[Galician] coordinador

Grueiro grueiro at enderezo.com
Wed Sep 27 23:20:48 EDT 2006


ola!

Levo varios meses matinando nisto, e inda que a varios de vos dixenvolo en
privado, coido que non ten sentido agardar máis tempo.
Quero deixar o posto de coordinador da traducción.
Se tedes duvidas aqui estarei, pero en principio quero desvincularme como
minimo durante dous anos das tarefas de traducción.
Coido que agora as condicións son diferentes que en xaneiro de 2005, cando
pedira permiso a Xacobo Tarrio para continuar a traducción, posto que
daquela ninguén -ninguén- queria facerse cargo dela.

A miña opinión persoal en canto a situación actual e que poderia estar ben
crear un equipo dentro de trasno ou outros grupos. Sumar esforzos. Vexo
moita interese por parte de moitos colectivos e persoas en atopar unha
solución. Coido que iso e o máis importante para atopala.

Non podo deixar de dar miña versión.
No seu momento tentei seguir a secuencia que che obriga a seguir a fundación
Mozilla para facerse cargo da traducción. O primeiro paso, por suposto, foi
pedir permiso o traductor anterior, Xacobo Tarrio. Despois foron outros
puntos, como suscribirse a lista de correo de coordinación de equipos de
traducción, e presentar unha solicitude co bugzilla. Durante meses e meses,
non respostaron, e cando por fin o facian era para dicir que a traducción
levabaa Xacobo, e se nos pediramoslle permiso, que fora o que fixeramos en
primeiro lugar. A pescadilla mordendose a cola, e neste tempo non se podia
facer outra cousa que agardar a que Xacobo se puxera en contacto cos da
fundacion para aclarar a cousa. Ou iso ou publicar unha versión que non
poderia ser oficial, e iso coido que non teria que ser o obxetivo, porque se
non seria como facer unha versión pirata. E para iso non precisamos
autorización de ninguen, pero seguiriamos sen ter unha traducción o galego
destas aplicacións.

Non deixo isto por cansancio, falta de interese ou desilusión, fagoo por
como se puxeron as cousas: Xacobo quere traducir, pero pola sua conta, e 
durante meses non avisou os da fundación que nos faciamonos cargo dela .
Dame igual que foramos nos ou outros, pero non deixar isto nun limbo
burocrático que so serviu para desanimar a moitos dos posibles
colaboradores. Polo camiño, moitas pedras, pero non me queixo porque vai co
posto e porque e normal: un quere botar unha mao, seña co codigo ou
resolvendo dúbidas gramaticais de caracter isoglósic; penso o que pensaba
daquela, que todos poderiamos ter noso espacio en proxectos coma este.
Outras persoas coa mellor das vontades quixeron publicar as suas versións,
pero os da fundación erre que erre, e o final ata meteronse coma rebumbio no
galiñeiro estamentos oficiais sen tan siquer lerse as normas da fundación.
Non, non estou desanimado, so e que temos cousas por facer, que non dependen
de nos e que eu nunca poderei facer, unha e o de Xacobo, outra e da
fundación e hay mais.
Unha delas e que asi como coido que no seu momento facian fala
coordinadores, coido que eu agora estou de mais. Xa sei que seguramente son
parcial en canto a isto, pero e a opinion que teño de min nos ultimos meses,
e por iso tomei esta decisión. Non queria rematar por convertirme no que
critico: prender de xeito oligarca un grupo como quen leva o timon dun
chalano. Temos que unir tripulacións, e como vos dixen a situación agora en
conto as cousas do software libre e a rede coido que foi a mellor.

Quero agradecervos a todos e cada un de vos o que levades feito e a ilusión
posta. Pidovos desculpas os que enviastesme de xeito privado correos o meu
enderezo e non os respostei, por motivos personais tiven que pasar moito
tempo fora da rede.
Coido que ese e e noso comezo, non o final, e animovos a seguir adiante.

unha forte aperta

mariano



More information about the Galician mailing list